A CÁMARA DE COMERCIO DE SANTIAGO PARTICIPA ESTA SEMANA NO EVENTO INTERNATIONAL RURAL CREATIVE JAM HACKATHON

13/06/2023

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, como socia do proxecto europeo RuYou, participa no evento International Rural Creative Jam Hackathon que ten lugar no espazo de coworking LugOpen en Lugo, entre os días 13 e 15 de xuño. Ao longo destes tres días, máis de 50 xóvenes de entre 16 e 30 anos de catro países distintos reúnense co obxectivo de traballar na creación de prototipos innovadores, poñendo a proba a súa creatividade co foco posto no futuro de Europa e no desenvolvemento do rural. O proxecto cofinanciado pola CERV e liderado pola Asociación Amicos de Boiro, contou coa participación de socios como a Fundación Galicia Europa, LugOpen Factory, a rexión da Tramuntana de Malta, Eurocidades Chaves-Verín e a Universidade de Arad de Romanía.

Os participantes traballan en grupos sobre diferentes temas que xirarán en torno á Xuventude, Innovación e Tecnoloxía. Ao longo do primeiro día debaterase sobre o futuro tecnolóxico das áreas rurais, mentres que no segundo os xóvenes recibirán unha serie de formacións específicas en materias de Intelixencia Artificial, Impresión 3D ou Deseño Dixital. Por último, na derradeira sesión, terán lugar as presentacións dos proxectos en fronte dun xurado profesional que elixirá baixo unha serie de criterios o equipo gañador.

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña